lunes, 7 de marzo de 2016

Mostra bibliográfica: "Mulleres na química"



Como mencionei hai uns días esta semana esta tendo lugar na facultade de química unha exposición bibliográfica sobre as mulleres na química e na ciencia.



A exposición xa se pode visitar, esta a disposición dos interesados na planta baixa da facultade química da Universidade de Santiago de Compostela.

Mañá oito de maio é o día internacional da muller traballadora e a exposición celebrase con este motivo; estará dispoñible dende hoxe sete de marzo ata o dezaoito de marzo.

Por unha parte mostra bibliografías que tratan especificamente do tema da muller na química, por outra parte mostra libros de química escritos por mulleres e hai unha vitrina específica que expón libros escritos por profesoras da USC.

A continuación móstrovos algunhas imaxes da exposición para que vos fagades unha idea do que é.






De todos modos anímovos a visitala se tedes ocasión.

07/03/2016

Descubrirlaquimica. Estudiante de química en la USC.